Tuesday 14 de May de 2024

Rueda mantivo unha xuntanza coa presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia


Na reunión abordáronse posibles vías de colaboración que repercutan positivamente na cidadanía galega

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda mantivo unha xuntanza ca presidenta do Colexio Oficial de Administrativos de Galicia, Pilar Otero Moar, onde abordaron posibles vías de colaboración entre ambas entidades. Na xuntanza tamén estivo a directora de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto.

Rueda destacou que o encontro de hoxe ten coma obxectivo tender pontes entre ambas institucións e identificar proxectos de interese para ambas partes co obxectivo principal acadar unha administración mais áxil, eficiente e próxima nas súas relacións coa cidadanía.

Neste senso, a Xunta de Galicia xa está traballando a través do Plan Achega: Plan de Axilización Administrativa 2014-2016 na aplicación dunha serie de medidas concretas destinadas a revisar os procedementos administrativos que a administración galega pon a disposición dos cidadáns para melloralos, simplificalos e posibilitar a súa presentación electrónica como garantía do principio de celeridade que a administración galega asume dentro dos seus compromisos na súa actuación.